Na aula de 3 anos estivemos experimentando con xogos na mesa de luz; traballamos a motricidade fina e as cores, fixemos construcións con distintas pezas traslúcidas, rogamos coas formas e aproveitamos a maxia da luz para contar historias.
xoves, 28 de novembro de 2024
EXPERIMENTANDO COA MESA DE LUZ
domingo, 10 de novembro de 2024
O NOSO SAMAÍN
Os nenos e nenas de Infantil celebramos un Samaín moi divertido; experimentamos coas mesas sensoriais nas aulas, fixemos murais sobre bruxas para as nosas portas, disfrazámonos e participamos nuns obradoiros moi especiais para os que fixemos grupos mixtos das tres aulas.
Os obradoiros consistiron no seguinte:
- Creación de momias terroríficas.
- Masaxes da bruxa.
- Figuriñas de Samaín con pasta para modelar.
- Experimentación de apócemas de bruxa.
¿Queredes ver o ben que o pasamos? Aquí vos deixamos un pequeno vídeo.
3a, 4a, 5a, ciclo
actividade de ciclo,
celebracións,
dinamización galego,
samaín
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)