Os nenos e nenas da aula de 5 anos gustounos moito o conto de "A árbore da escola".
Despois de falar un chisquiño sobre este conto, decidimos pasear polo noso patio observando e analizando as árbores que alí temos. ¡son moitas e de diferentes tipos!
Ao rematar fixemos un coloquio sobre as mesmas e decidimos facer unha votación para coñecer cal nos gustaba máis e cal escolleríamos como a nosa árbore da escola. Adiviñades cal foi?
A elixida foi a MOREIRA que, ademais de ser unha árbore preciosa, serve para alimentar os vermiños que teñen na aula os nosos compis de 3 anos.
Despois da votación fomos ao patio co noso caderno de debuxo para observala e debuxala. Deixámosvos un vídeo para que o vexades.