mércores, 26 de maio de 2021

PROXECTO "OS CIENTÍFICOS"

Este curso na aula de 4 anos convertímonos nuns auténticos científicos. Aprendimos un montón de cousas coa axuda dos mouchiños, e mesmo montamos un laboratorio na aula. Non volo credes?? pois aquí vos deixamos un vídeo para velo.



luns, 24 de maio de 2021

LEMBRAMOS!!

Queremos recordar ás familias dos nenos e nenas da aula de 4 anos que as propostas de actividades que imos facendo tódolos mestres están recollidas na aula virtual da escola. Non precisades ningún usuario nin contrasinal.

Podedes acceder premendo AQUÍ

Esperamos que nos visitedes!!!


luns, 17 de maio de 2021

A SUXESTIÓN DE CARMEN

 Tamén Paula (4ºprimaria) e Carmen (5 anos) suxiren lecturas e nos len o conto "Orellas de Bolboreta"




Paula tamén nos le un RELATO DE GIANNI RODARI traducido por XELA ARIAS



A SUXESTIÓN DE IAGO

 Iago (3 anos) e Adriana (6º de primaria) suxiren e len "Polo camiño". Estupenda lectura!




domingo, 16 de maio de 2021

CADROS CON LIBROS

 Abril e Julián participan tamén na actividade CADROS CON LIBROS. Tedes aquí a presentación con ideas para cadros  por se vos animades.

Julián (2º de primaria) representa "O lector engaiolado" de René Magritte.




Abril (4 anos representa "Muller lendo no xardín" de Henry Matisse.



Fenomenal, ámbolos dous!

MÁIS LECTURAS E SUXESTIÓNS EN FAMILIA

 Seguimos estando de sorte! Unha familia máis achéganos as súas suxestións e agasállanos cunhas novas lecturas. É un gusto escoitalos! 

Abril (4 anos) e Julián (2º de primaria) fixeron unha escolla de libros e nola envían. Adiviñades quen escolleu cada conto?




VEDE E ESCOITADE TAMÉN OUTRAS SUXESTIÓNS SÚAS

Abril suxírenos "Historias de princesas y sirenas"


Julián suxire e le unha banda deseñada moi especial. Ibañez esperta paixóns en tódalas xeracións. Pepe Gotera y Otilio, tamén.


Tamén nos len en familia un conto superespecial  "Chímpate, Pepa"



sábado, 15 de maio de 2021

PRESENTACIÓN COMPLETA DOS RELATOS DA TORRE

 Hai tempo, a mediados de abril,  os nenos e nenas de 4 e 5 anos decidiron atreverse co Reto da torre que nos propuñan dende a biblioteca. Xa vos ensináravos  os debuxos que a torre inspirou os nenos de 4. Agora tamén os de 5 preséntanvos o seu relato fantástico inventado entre todos e os outros que fixeron individualmente.


SUXESTIÓNS LECTORAS EN 3 ANOS

 

CIENCIA EN 3 ANOS

Os de 3 anos atrévense a todo...tanto experimentan cos grandes principios científicos, coma pescudan sobre os bichiños máis bonitos e interesantes da natureza.

Nesta fotos podedes velos mesturando  alguns ingredientes para  aprender como sae a lava dun volcán e como podemos inflar un globo sen esforzo.







Tamén podedes coñecer canda eles uns bichiños especiais.







venres, 14 de maio de 2021

UN NOVO MAIO

 Julia de 5 anos e a súa familia desfrutaron moito facendo este maio. Flores e fiunchos...un festival de cheiros!



martes, 11 de maio de 2021

XIÁN SUXÍRENOS CONTOS

 Que ben estamos! Temos novas suxestións de lectura! Desta volta Xián da aula de 5 anos suxire varias lecturas con moi boa pinta. 



domingo, 9 de maio de 2021

LUCAS TAMÉN SE ATREVE CUN CONTO

 Lucas (5 anos) le un conto para Xabi  (3anos) e para todos nós. É un estupendo conto no que hai que ir adiviñando que cousa vemos. Escoitade a Lucas... Fenomenal! 





venres, 7 de maio de 2021

HÉCTOR SUXIRE E LE UN CONTO

 Héctor da aula de 5 anos e a súa nai len un estupendo conto de dinosaurios. Os dinosaurios gustan moito nesa clase...non é de extrañar. Estupenda lectura, familia!. 


Tamén nos suxiren unha manchea de libros! Graciñas!




ENZO SUXIRE UNHA CHEA DE LECTURAS

 Enzo e a súa irmá Leyre envían unha foto con moitas e estupendas suxestións.





martes, 4 de maio de 2021

BENVIDA Á PRIMAVERA CON HERVÉ TULLET

Xa vai unhas cantas semanas que na aula de 4 anos demos a benvida á Primavera dunha maneira moi divertida. 
Xunto con Charo e máis Estrella, fixemos un obradoiro de Hervé Tullet chamado "Campo de flores". O campo era o resultado final, pero para nós foi toda unha sorpresa. Nun principio, os artistas so seguían indicacións; facer puntos, círculos, empregar diferentes cores, deixar caer os pinceis ao chan... todo isto acompañado de diferentes ritmos.  Cando o noso cadro estaba xa moi completo parámonos a observar e démonos conta que ben podía ser un campo de flores, así que, puxémonos mans á obra e fixemos uns talos para as nosas flores. 
Aquí vos deixamos unhas fotiños. ¡Nos desfrutamos un montón!









E AQUÍ O RESULTADO DOS NOSOS CAMPOS DE FLORES!!
















domingo, 2 de maio de 2021

OS MAIOS NO FONTE DOS FRADES

 As fotos que as familias de infantil estades mandando están publicadas no outro blog de FONTE DOS FRADES. Pasade a velas!