venres, 30 de abril de 2021

ISAAC E A SÚA FAMILIA

 Isaac e a súa familia son os primeiros en participar nas actividades que propoñen os mouchiños para este trimestre.  Recoméndannos dous libros estupendos e comparten connosco a lectura de "Un hombre de color". Animádevos e facédenos chegar as vosas lecturas e recomendacións!




CARTA DOS MOUCHIÑOS ÁS FAMILIAS


Os mouchiños enviaron unha carta  a tódalas familias  do cole para que compartades con todos nós lecturas e outras cousiñas. Os nenos de 5 coas présas do venres aínda non a levaron para casa, pero xa podedes ler aquí tódalas ideas que tiveron os nosos amigos da biblioteca.

domingo, 25 de abril de 2021

COUSIÑAS NO DÍA DO LIBRO

 Ademáis de tódalas actividades programadas para este mes, nas que xa estamos a colaborar nas aulas de infantil, adicamos o venres 23 de Abril a facer algo especial. Imos empezar a publicar algunhas delas, aínda que non "estamos todos os que somos" .Estas e outras actividades van continuar, así que nos vindeiros días poderedes ver máis suxestións e actividades.

Os de 3 anos fixeron un marcalibros para as súas primeiras lecturas. Os de 5 comezaron coas suxestións lectoras a tódolos compañeiros. 












sábado, 24 de abril de 2021

RETO DA TORRE. DÍA DAS ARTES.4 ANOS

A biblio puxera de reto artístico para celebrar a conmemoración do Día das Artes Galegas  con Domingo de Andrade coma protagonista, recrear o deseño da Torre do Reloxio na catedral de Santiago de Compostela. Sei de boa tinta que non van ser os únicos atrevidos!. Desfrutade das súas pequecreacións no seguinte enlace.

RETO DA TORRE NA AULA VIRTUAL


OS DE TRES ANOS E AS SÚAS PLANTACIÓNS

 Os nenos de 3 anos adicaron unha xornada a plantar sementes. Aquí tedes as fotos da súa actividade.