O mércores pasado, á volta de psicomotricidade, ocorreu algo moi raro na nosa aula.
No corredor encontramos uns círculos de cores e a porta da aula estaba pechada. Resulta que para poder pasar tivemos que pormos unhas pulseiras máxicas.
Estaba todo moi escuro pero, ó mesmo tempo, había obxectos moi brillantes, como a nosa pulseira.
Foi unha sesión con material sensorial para experimentar coa fluorescencia; disfraces, pinturas e debuxos, troquelados de cartulina, móbiles con formas, construcións con materiais da instalación...
En definitiva, exploramos un mundo máxico cheo de ciencia, arte e creatividade.