Ben sabedes da importancia do xogo na etapa infantil. Por eso, nós aproveitamos calquera anaquiño para xogar e ir evolucionando nas nosas aprendizaxes.
mércores, 30 de maio de 2018
FACEMOS PAPEL RECICLADO
Os peixiños temos moita sorte, ou eso dí a nosa profe Charo, porque recibimos moitas sorpresas que, para nós, son auténticas experiencias.
Desta vez a sorpresa chegou da man dos alumnos de 5º de E. P capitaneados pola súa titora, a profe Gladys, que nos propuxeron facer papel reciclado.
Despois de seguir as instruccións que os nosos compañeiros maiores nos ían dicindo (romper papel en moitos anaquiños, triturálos, coalos, prensalos...) non podiamos crer que o resultado fose este :
UN NOVO PAPEL NO QUE PODIAMOS ESCRIBIR!!!

IMOS DE PÍCNIC !!!
Ata hai só uns días tivemos un tempo moi, moi primaveral e aproveitámolo como se merece.
Xa sabedes que somos uns grandes afortunados e uns verdadeiros privilexiados ao gozar dun entorno case idílico. Daquela aproveitamos o tempiño da merenda para montar un pícnic adquirindo sempre novas aprendizaxes.

venres, 25 de maio de 2018
A SEMANA DE SIENNA II
Como ben sabedes a semana do protagonista remata coa visita dun familiar.
Desta vez tivemos o pracer de estar cos papás de Sienna, Felix e María, que nos sorprenderon moitísimo cando nos invitaron a facer unhas carautas de coelliños.
Carautas que completamos cunha maquillaxe espectacular e que nos permitiron saltar, falar e xesticular como auténticos coellos.
Grazas familia polo tempo adicado!!!

A SEMANA DE SIENNA I
Gracias á semana do protagonista podemos coñecer un pouquiño máis aos nosos compañeiros. Desta vez, con Sienna descubrimos que lle encanta disfrazarse, que a súa comida favorita é a tortilla de patacas con chourizo, que unha das súas cores preferidas é o rosa fucsia...
ATA LOGO PROFE SONIA
Xa hai uns días despedimos a nosa profe Sonia. Dicimos nosa porque lle temos tanto cariño que xa ocupa un espacio nos nosos pequenos corazóns.
Non foi unha despedida definitiva, senón unha parada para descansar e coidar, quizabes, dun futuro peixiño.
Grazas por todo o aprendido ao longo deste curso, polo teu cariño, paciencia e respeto.
Un bico moi grande dende a clase dos peixiños.

SAÍDA AO TEATRO. ANTÓN COMODÓN
Uns días despois de ir ao Gadis fomos ao teatro a ver o espectáculo de monicreques "Antón comodón" da compañía
L´Estaquirot Teatre. A verdade, gustounos moito, non soamente pola historia senon polos monicreques, a escenografía, a música e a iluminación. Todo moi coidado e de moita calidade. Un pracer poder desfrutar deste tipo de espectáculos todos xuntos.

OS PEIXIÑOS IMOS FACE-LA COMPRA
O pasado 3 de maio visitamos o supermercado (Gadis) non só para facer unha boa compra, senón tamén para aprender, entre outras cousas, a importancia dunha alimentación saudable.
Mirade que paseiño tan interesante fixemos polas distintas seccións.

domingo, 6 de maio de 2018
OS PARRULIÑOS DE EVA EIJO
A verdade é que este proxecto non deixa de sorprendernos, por moitos motivos, pero sobre todo pola gran cantidade de experiencias positivas e enriquecedoras que as familias poñedes á nosa disposición.
Desta vez estivo con nós Verónica, a mami de Eva Eijo, que trasladou o contido do conto "O PARRULIÑO FEO" á realidade.
Non deixedes de mirar as nosas caras de asombro, as nosas expresións, a nosa ledicia...
GRACIAS FAMILIA POR ESTA SORPRESA!!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)