E por fin chegou o gran día!!!
O día en que Eva Caride veu acompañada polos seus "papás". Uns papis que trouxeron un maletín cheo de sorpresas para xogar ós médicos e transformar a nosa clase nun pequeno hospital.
Gracias por todo familia. Para nós foi un auténtico pracer.
martes, 17 de abril de 2018
EVA CARIDE COMO PROTAGONISTA DA SEMANA I
Aínda que imos con algo de retraso, tentamos amosar ós pouquiños todo o que fomos facendo na clase.
Nesta ocasión a protagonista da semana foi Eva Caride, que contou con moito detalle unha morea de cousas sobre a súa familia e amosou tamén, con moito xeito, as cousiñas que traía na mochila.
Ollade como nos gusta escoitar á nosa compañeira.

xoves, 5 de abril de 2018
PLANTANDO COR
Aínda que non o pareza xa estamos na primavera. Daquela, e coa axuda da nosa conserxe Sol, decidimos darlle un pouquiño de cor ao noso patio.
ONDE ESTÁN OS OVOS DE PASCUA?
Nunha das últimas clases de inglés, a Teacher Alba sorprendeunos cun xogo de pistas, por suposto en inglés, que tiña un final moi, moi doce.
Propúxonos unha misión: atopar ovos de chocolate que estaban agochados en distintos lugares do cole.
Buscamos, remexemos, preguntamos aos nosos compañeiros e , sobre todo, emocionámonos moitísimo cada vez que metiamos un novo ovo na cesta.

ANIVERSARIOS DO 2º TRIMESTRE NA CLASE DOS PEIXIÑOS
Como nos gusta isto de cumplir anos !!!
Claudia e Antía contaban os días para soprar as candeas e compartir cos seus compañeiros un apetitoso anaquiño de tarta.
Só tedes que ver as nosas caras para comprobar que ben o pasamos.
Claudia e Antía contaban os días para soprar as candeas e compartir cos seus compañeiros un apetitoso anaquiño de tarta.
Só tedes que ver as nosas caras para comprobar que ben o pasamos.
SEMANA DA PRENSA NA CLASE DOS PEIXIÑOS
A semana da prensa deunos para traballar e falar dunha morea de cousas. Algúns descubrimos que é un xornal, para que serve, onde podemos mercalo, que hai dentro...serviunos para falar da importancia de ler, para aprender a manexar as súas páxinas, para localizar moitas das letras que xa coñecemos ... e, por suposto, para reutilizalo cando xa está moi usado.
Despois de esta interesante investigación, puxémonos mans á obra e decidimos facer o noso propio artigo de prensa. Un artigo adicado a Pilar Alonso, artista viguesa.
Ollade o resultado e non deixedes de opinar.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)