luns, 29 de maio de 2017

PETRO QUE?

Entender que son os petroglifos e, sobre todo, pronunciar correctamente a palabra non foi tarefa doada.
Para entender mellor estes debuxos que os castrexos facían nas paredes dos castros, a profe Charo propúxonos facer os nosos propios petroglifos.

Mirade que divertida e sinxela resultou a experiencia.

VISITAMOS O MUSEO LISTE

Para afianzar todo o que estamos aprendendo sobre Galicia, os alumn@s de cinco anos, acompañados polos de tres, visitamos o Museo Liste.
Só vos podo dicir que a monitora do museo quedou moi sorprendida con todo o que sabiamos.

domingo, 28 de maio de 2017

FESTIVAL DE FIN DE CURSO EN INFANTIL E 1º DE PRIMARIA

Para os que non puidestes desfrutar connosco nesta mañá do festival, deixámosvos algunhas fotos da xornada. Non están "todos os que son" porque non temos fotos dos de 4 anos na súa actuación como piratas, pero podedes velos no seu baile canda os de 3 anos. Foi unha mañá moi especial chea de ilusión e nervios. Ao final todo saiu moi ben e todos puxemos o mellor de nós para lucirnos diante das nosas familias. Os de primeiro compartiron cos pequenos ese tempo de goce...aínda non queren esquecer o ben que o pasaron nesta etapa. E nós con eles!