Como sabedes dende hai un tempo estamos metidos no proxecto "SOMOS GALEGOS". Un traballo que nos ten entusiasmados e moi "enganchados" por todo o que estamos a aprender.
Para comezar o tema como se merece e poder relacionar a nosa investigación co PDI (POLA BEIRA DO MIÑO) retrocedemos ata aos nosos devanceiros: OS CASTREXOS.
A partires de aquí buscamos información en diferentes soportes e decidimos facer o noso poblado castrexo con habitantes incluídos.
Agora xa sabemos quen eran os castrexos, como vivían, as partes dun castro, onde están os mellor conservados, onde está Santa Trega, que podemos ver dende alí...
xoves, 27 de abril de 2017
PORTADAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
Ao remate de cada trimestre toca ordenar os nosos traballiños e facer as correspondentes portadas. Aquí tedes todo o proceso.
mércores, 26 de abril de 2017
OBRADOIRO PIRULETAS DE CHOCOLATE
Na semana previa ás vacacións da Semana Santa convertémonos nuns auténticos reposteiros.
A profe Charo propúxonos facer unhas piruletas de chocolate; unha idea que nos entusiasmou porque todo o que ten que ver coa cociña fainos moitísima ilusión.
Foi unha experiencia divertida e moi , moi doce.
A profe Charo propúxonos facer unhas piruletas de chocolate; unha idea que nos entusiasmou porque todo o que ten que ver coa cociña fainos moitísima ilusión.
Foi unha experiencia divertida e moi , moi doce.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)