Os nenos e nenas de Infantil desfrutamos arreo do entroido fluvial do Miño canda os nosos compañeiros do cole. Vikingos, troitas e bandeiras galegas desfilaron polo patio enchendo de colorido a mañanciña de sol co que nos agasallou esta mes de febreiro. Tamen íamos ben dispostos a cantar, bailar e desfrutar coas nosas familias. Abofé que o pasamos de troula!
luns, 27 de febreiro de 2017
TROULA EN 4 ANOS
Os nenos e nenas de 4 anos participamos con entusiasmo na troula que nos mandou a nosa amiga a Xacia Miñoncesa. Día a día fomos carregando con tódolos seus mandados. Así que o xoves xa non dabamos feito con tanta cousa. Estas son as nosas fotos.
TRABALLANDO CON ROSALÍA
Na serie de obradoiros do segundo trimestre decidimos incluir unha xornada adicada á Rosalía de Castro. Facendo equipos, como xa estamos afeitos, fomos pasando pola biblioteca, polo ximnasio e pola aula de Charo para achegarnos á vida de Rosalía, desfrutar coa música, facer xogos e brincadeiras como lle gustaba a ela e facer a súa carauta pra poder ser un poquiño mais ela, sempre na compaña das nosas profes. Nos días seguintes desfrutamos cun concerto na biblioteca e unha maratón de lectura de poemas dos que xa vos demos conta nos outros blogues do cole. Tamén fomos moitos pequenos os que participamos nas fotos de familia que nos encargou o mouchiño, ainda que non sempre é doado recoñecernos.
Faltan ainda algunhas fotos, pero ide desfrutando destas.
Faltan ainda algunhas fotos, pero ide desfrutando destas.
luns, 6 de febreiro de 2017
UNHA PAZ MOI ESPECIAL PARA TODO O CICLO
Non podiamos deixar pasar o Día da Paz sen facer todos xuntos algo especial. Desta volta tocounos compartir un fermoso conto cos compañeiros de Primeiro. Eles léronnos o conto "Vicentiño e as árbores da Paz" na biblioteca e despois compartiron uns ameigantes momentiños con cada ún de nós, axudándonos a aquelar ben aqueladiño ao protagonista do conto. Como non podía ser doutro xeito este curso tratábase de Vicentiño...un paxaro do Río Miño!!. Mirade nas fotos como nos gustou gozar destas cousiñas cos nosos amigos de sempre!.
Deixámosvos separadas as fotos da sesión de contacontos na biblioteca e do obradoiro que compartiron os nenos e nenas de Primeiro nas clases de 3, 4 e 5 anos.
Deixámosvos separadas as fotos da sesión de contacontos na biblioteca e do obradoiro que compartiron os nenos e nenas de Primeiro nas clases de 3, 4 e 5 anos.
O INVERNO DE CINCO
Brrrrrrrrrrr, que frío vai profe Charo!!! chegaban dicindo os nenos de cinco anos a primeira hora da mañá.
Certamente, estes días pasados fixo moita fríaxe, pero esto non foi ningún atranco para traballar en algo moi típico desta estación e que a todos nos encanta: a neve e os bonecos de neve.
Mirade que chulada e que bonito loce o noso corredor.

OS REIS TROUXERÓNNOS ...
Os Reis Magos non podían esquecer a clase de cinco anos, por iso á volta das vacacións atopamos dous paquetiños na nosa asamblea.
Un xogo de pesca e unha maleta de pezas imantadas, que nos serve para traballar unha morea de cousiñas, para rir a esgalla e para divertirnos aprendendo, que diso se trata.
Tamén falamos dos nosos regalos e eleximos un, o favorito, para debuxalo e pegalo nunha caixa xigante que adornase o noso corredor.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)