Desta vez tocou experimentar coas uvas, ver que ocorría cando as esprememos e que podemos facer co zume que obtemos.
A verdade é que a experiencia resultou divertidísima, tanto que xa lle dixemos á profe Sonia que queremos repetila.
mércores, 23 de novembro de 2016
RECANTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A VENDIMA
Xa sabedes que sempre que investigamos sobre un tema montamos un recuncho con toda a información que as nosas familias van aportando.
A verdade é que é incrible o que nos axudades, porque grazas á vosa colaboración podemos avanzar nas nosas aprendizaxes e facer cousiñas coma estas.
A verdade é que é incrible o que nos axudades, porque grazas á vosa colaboración podemos avanzar nas nosas aprendizaxes e facer cousiñas coma estas.
O VENRES DE SAMAÍN
Despois de toda unha semana cociñando, falando dos nosos medos, baleirando cabazas , decorando os nosos corredores, contando historias monstruosas...chegou o gran día: o venres de samaín.
Aínda que non hai moitas fotos porque estivemos moi ocupados en disfrutar de cada momento, aquí tedes unha pequeniña mostra.
Aínda que non hai moitas fotos porque estivemos moi ocupados en disfrutar de cada momento, aquí tedes unha pequeniña mostra.
domingo, 20 de novembro de 2016
UNHA SEMANA DE MEDO
A semana do samaín foi unha semana de medo. Non só porque é unha festa relacionada có medo, senón tamén porque fixemos unha morea de cousas.
Falamos de cousas que non asustan, baleiramos cabazas cos nosos compañeiros de catro e cinco anos, fixemos pantasmas, escoitamos o conto ESTAS AHI, MONSTRUO?, fixemos galletas monstruosas e, por suposto, unha festa con baile incluído.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)