Os de 4 anos levamos xa
un mes no cole adaptándonos a esa cousa de sermos maiores. Mentres, desfrutamos
dos xogos cos amigos e comezamos a traballar as primeiras rutinas e habilidades.
Tamén comezamos os nosos obradoiros matemáticos nos que imos coñecendo
distintos materiais manipulativos. E entre xogo e traballo tamén tivemos tempo
de agasallar aos compañeiros que eses días cumplían anos.
De tódolos xeitos, perdede coidado; estas fotos pertencen ao pasado, pois as nosas caras agora xa son moi diferentes. Xa coñecemos mellor a profe, xa temos visto que o traballo que nos agarda é moi divertido e xa empezamos a participar e falar con entusiasmo das nosas cousas.
Aínda que o tempo non acompañe moito, na clase de cinco anos sabemos sobradamente que estamos en outono.
Así que un día pensamos en facer o noso propio bosque de outono, como si de un cadro se tratase.
Só facían falta unhas tiras de periódico, un pouco de tempera líquida, uns gomets para enmarcar o resultado e moita creatividade.
Cantas cousiñas podemos chegar a facer cando xuntamos varias formas xeométricas!!!
Que si un cadrado, que si círculos de distintos tamaños, que si agora un semicírculo... Só temos que pensar e dar libre curso á nosa imaxinación coa axuda das profes Charo e Sonia.
Se queredes sorprendervos, botádelle unha ollada ao seguinte video.
Aínda que xa pasaron varios días dende que visitamos a viña de Braulio, seguro que estades ansiosos por ver as nosas caras ó longo dese día.
A verdade é que tivemos moita sorte porque Braulio e Concha portáronse moi ben con nós.
Abríronnos as portas da súa casa para ensinarnos todo o que alí teñen, que é moítisimo: unha viña enorme, unha horta, un invernadoiro moi curioso, unha bodega....
Visitamos todos eses recunchos e escoitamos moi atentos todo o que o noso veciño e as profes nos ían contando, pero sen dúbida o sitio onde máis paramos foi na bodega.
Alí sí que aprendimos cousas que ben seguro xa sabedes porque volas contaron. Aínda así, aquí tedes un resumo desa visita tan proveitosa e que deu comezo ó noso proxecto trimestral.