Estes primeiros días aproveitamos para facer
novos manteis, renovar as portadas das libretas viaxeiras, estrear o
recuncho de lóxica- matemática e lectoescritura, xogar e, sobre todo, divertirnos
moitísimo.
Aínda que pareza mentira xa estamos aquí de novo e coas pilas ben cargadas. Estes primeiros días están sendo un pouco toliños porque estamos algo nerviosos e ansiosos coa volta ao cole .Temos ganas de falar a todas horas, de xogar, de rir e de probar todas as novedades que hai na clase. Precisamente por iso, todos os días recordamos cousiñas que xa parecían esquencidas ó tempo que falamos moito do noso verán. Un verán que recordamos facendo un mural coas fotos máis significativas para cada un de nós.