O venres 9 de novembro atopámonos coa sorpresa de que iamos celebrar o magosto. Como non chovía era mellor aproveitar antes de que se mollaran as castañas. Dito e feito baixamos ó patio cuberto e compartimos xogos cos nosos compis de 4 anos B. Despois marchamos todos xuntos a reunírmonos cos outros compis de infantil e do cole para comer as ricas castañas.
domingo, 18 de novembro de 2012
mércores, 7 de novembro de 2012
CONTAMOS MOITO: A CASA DO RATO RENATO
7, 6, 5...3 ! que gozo poder compartir o noso primeiro contacontos na biblioteca cos nosos compañeiros do primeiro ciclo de primaria cos que enseguidiña ímonos xuntar outra vez en canto cheguemos nós a primeiro. Ademais contamos cunha contacontos tamén moi especial que nos fixo desfrutar coa historia de Renato e Breogan. Os pequechos do cole que veñen con moita marcha e non querer perder ningunha experiencia tamén viñeron ver que se cocía na biblioteca e velahí os tedes ben atentos...
VIAXES DE IDA E VOLTA
Comenzou a mochila a súa viaxe na casa de Lucía e agora xa chegou á de Martin despois de ter estado na casa de Aarón. O mesmo sucedeu coa maleta dos enredos que xa está na casa de Thalía,despois de pasar pola de Estela e a de Elena. Todos eles están escribindo e debuxando cousas interesantes e preciosas que xa iredes vendo cando vos toque...e o mellor de todo é que tódolos nenos están entusiasmados con esas viaxes de ida e volta. Aos que están en "lista de espera" non lles da pasado o tempo.
luns, 5 de novembro de 2012
A MAÑÁ DE SAMAÍN
Cando chegamos o día 31 de outubro pola mañá atopámonos nunha clase arrepiante...aqueles non semellaban se-los nenos de sempre; pero non pasaba nada raro; é que estabamos de festa. É que estiveramos toda a semana preparando as cousas para O Samaín! Axiña amosarémosvos como preparamos a exposición de cabazas e personaxes de medo!
CHEGOU O SAMAÍN
CHEGOU O SAMAÍN
Estes
días na clase de 3 anos estivemos terroríficamente atarefados. O motivo foi a
celebración do Samaín. Con moita ilusión puxémonos mans á obra e fixemos
monstros, morcegos e pantasmas con materiais de reciclaxe. Tamén decoramos
algunhas cabazas, disfrazámonos de persoaxes de medo, escoitamos o conto de
“Monstruos divertidos”, e moitas cousas máis. Mirade si vos atrevedes…
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)