No magosto pasámolo moi ben ainda que tivemos que andar ás carreiras dunha banda cara outra segundo chovía ou non..¡e que o San Martiño estaba un chisco caprichoso!
Durante toda a mañá xogamos e comimos, comimos e xogamos.¡Ollade!domingo, 20 de novembro de 2011
sábado, 19 de novembro de 2011
MEDO ATRASADO
Ainda me estou recuperando do susto que papei na pasada festa de Samaín cando ao chegar a clase atopei que os nenos de 4 anos desapareceran e nas súas mesas sentaban uns extraños personaxes. Menos mal que cando se botaron a rir comprobei que eran eles mesmos disfrazados para a festa.
Uf, menos mal; o primeiro pensara que era outra gamberrada de Terri...
A cousa non quedou ahí porque ao longo da mañá seguimos a ver moita mais xente rara polos corredores e os patios...claro que agora ao ve-las fotos tódalas caras resúltannos familiares

domingo, 6 de novembro de 2011
IMOS PRA O SAMAÍN
Como é normal nestas datas as nosas aulas de 3, 4 e 5 anos rebuliron ahí atrás cos preparativos da festa de Samaín e da exposición de outono na que nós os pequenos tamén colaboramos.
Velaiqui vemos os cativos de 3anosB
Por certo, moitas grazas a tódolos pais e nais pola súa contribución a esta celebración de outono.
Velaiqui vemos os cativos de 3anosB
Os de 4 e 5 non quedaron atrás... ainda que se amosaron moito mais rebuldeiros.
Por certo, moitas grazas a tódolos pais e nais pola súa contribución a esta celebración de outono.
xoves, 3 de novembro de 2011
A MAMA DE ANAIS PÍDENOS AXUDA CON TERRI
Seica o noso amigo, a pantasma Terri, estaba moi nervioso estes días atrás ó achegarse o Samaín e andou a facer unhas falcatruadas na casa de Anais. A súa nai pediunos axuda e nós dito e feito puxémonos a traballar. A mensaxe tiña que ser clara: TERRI NON VAIAS A CASA DE ANAIS. Velahi o resultado...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)