As nenas e nenos da clase de tres anos coñecemos os distintos tipos de animais a través de dous libros maravillosos "A que sabe a lúa?" e "A noite das mudanzas" cos que nos divertimos moito e aprendemos a recoñecer os tipos destes según vivan na granxa ou na selva. Por certo cada un deles coloreou o animal do conto que lle tocou e ademais escribiron os nomes tamén destes xa que como sabedes papás e mamás estamos aprendendo a escribir moi axiña e ben.
mércores, 16 de febreiro de 2011
venres, 11 de febreiro de 2011
CONTAMOS MOITO: LUME
Hoxe fomos á biblioteca. Acompañábannos os nosos amigos de primeiro e segundo ciclo. Querían compartir con nós un conto moi especial que ainda nos dará moito que falar e facer...LUME.
PASOU O DIA DA PAZ
Ao rematar o mes de Xaneiro celebramos cos nosos compañeiros de toda a escola o Dia da Paz. Nós plantamos simbólicamente sementes de oliveira para que medre unha fermosa árbore de paz.
ADIVIÑA ADIVIÑANZA
Os de catro xogamos a adiviñar os sons dos animais na pizarra dixital.
Estes días estamos indo á pizarra coas profes Malena e Ana. É moi máxica, semella ter unha saba diante que ó movela déixanos ver o que hai por debaixo.
TICA QUERE OS NOSOS TRABALLOS
Os de catro anos estamos moi emocionados porque Tica semella estar de volta pola escola, ainda que polo de agora so temos visto un gran papel de embalar no que parece que quere que poñamos algo…serán os traballos que fixemos dos compañeiros?. Imos probar…
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)