Ao longo deste curso os nenos e nenas de 4º E.I. estivemos a xogar moito coas mates. Participamos en obradoiros conxuntos, fixemos bandexas da área de matemáticas de maneira autónoma e, en definitiva, ¡practicamos un montón!
Páxinas
Páxinas
martes, 27 de maio de 2025
xoves, 22 de maio de 2025
ARTE NO PATIO
Aproveitando o bo tempo, en Infantil, saímos ao patio a facer un obradoiro conxunto de arte.
Respectamos as produccións dos compañeiros, seguimos instruccións cambiando aos equipos de mural, empregamos o pincel e as cores do arco da vella, concentrámonos escoitando música e fixemos unha auténtica obra de arte!! 🖌️🎨
Pasámolo moi ben!!
sábado, 17 de maio de 2025
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
venres, 16 de maio de 2025
SAÍDA Á GRANXA KIRIKO
O pasado martes, o alumnado de Infantil e 1º de Primaria puido desfrutar dunha saída á granxa Kiriko. Alí coñecemos aos cans Río e Pipa, ás vacas Pinta, Valentina e Clementina, á cabra Colacao, ós burriños e... moitos animais máis!
Mirade que ben o pasamos!!
xoves, 15 de maio de 2025
15 DE MAIO - DÍA DA FAMILIA
Hoxe é o Día da Familia e, en Infantil, conmemorámolo co conto "Un puñado de botóns" de Carmen Parets Luque. Conversamos sobre os distintos tipos de familia, entendimos que cada familia é diferente, pero está formada pola xente que te quere. Ademáis, fixemos diferentes xogos e manualidades.
Aquí, neste vídeo vos deixamos unha mostra:
"Cada familia é diferente, única e especial.
Hai tantas, tantas coma un puñado de botóns."
venres, 9 de maio de 2025
SAÍDA Ó TEATRO
O mércores 7 de Maio, os nenos e nenas de Infantil fixemos unha saída ao teatro para ver a obra "E entón un Xardín". Unha peza de títeres con música en directo.
No blogue de Fonte dos Frades podedes ver o vídeo.