Vimos de empezar o curso e xa estamos compartindo cousas. Os nenos de 4 atoparon un esquelete unha mañá ao chegar ao cole e enseguida viñeron contarnos quen era. Era Anacleto -dixéronnos- pero nós que somos novos nestas cousas non puidemos mais que poñer caras de asombro. Aqui vedes como nolo presentaron .
Días despois compartimos unha experiencia coas uvas que xa vos contaremos e tamén viñeron contarnos o primeiro conto que traballaron: LÚA. Mentres a profe ía pasando as páxinas eles narraron todos xuntos o conto. Gustounos tanto que nolo emprestaron para que o disfrutasemos e agora nós tamen temos aprendido a lelo.
Queredes ver como é?. Non vos preocupedes. Estades todos invitados a ver e escoitar este fermoso conto que con moito agarimo fixeron os nenos e nenas de 4 anos.
Unha vez máis, comezamos o curso coas pilas ven cargadas! Estes de 3 anos prometen! ;-)
ResponderEliminar